My Site
  • INICIO
    • Contacto
  • O FESTIVAL / EL FESTIVAL
    • BASES DE PARTICIPACIÓN IV FICCVelo
  • IV EDICIÓN FICRURAL
    • GAÑADORES IV FICRURAL
    • III EDICIÓN FICCVELO >
      • FINALISTAS III EDICIÓN
    • II EDICIÓN FICCVELO >
      • GAÑADORES II EDICIÓN
    • I EDICIÓN FICCVELO >
      • FINALISTAS I FICCVelo
  • NOVAS/NOTICIAS
  • CARLOS VELO

NOVAS
NOTICIAS

IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo

Corrubedo acolle o Mercado da Primavera

3/16/2015

0 Comentarios

 
ImagenAki Kaurismäki en Santiago de Compostela
Durante a xornada, en Benboa, imos presentar a web do Xornal Agrario Galego XAG e un avance do II Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo FICCVelo, que este ano adica a súa restrospectiva a Aki Kaurismäki

 
O próximo día 20, venres, o restaurante Benboa, no porto de Corrubedo, acolle dende as 11:30 da mañá as actividades do MERCADO DA PRIMAVERA nun encontro onde imos apresentar un avance da programación do II FICCVelo, cunha sesión especial do Cineclub Carlos Velo e o lanzamento e presentación pública da web do XAG, un proxecto que nacía precisamente ao abeiro do único festival de cine rural que se fai en Galicia

Durante a xornada imos ter varias actuacións musicais, en sesión vermú e de tarde, e celebraremos un debate multidisciplinar sobre o comunitarismo en Galicia, trala presentación pública aos medios de comunicación do portal na Internet do XAG. 

Xa pola tarde imos proxectar as curtametraxes gañadoras do I FICCVelo, e teremos algunha sorpresa relacionada coa segunda edición deste fetival, que nesta edición vai adicar a súa retrospectiva ao prestixioso cineasta finés AKI KAURISMÄKI, cuxa foto da súa recente estadía en Compostela, co obxectivo de organizar a retrospectiva, anexamos.

É precisamente neste marco onde queremos lanzar o novo proxecto do XORNAL AGRARIO GALEGO en versión web, cun portal para apoiar e defender o mundo rural dando a coñecer os proxectos máis dinamizadores e interesantes, a través das diferentes seccións: noticias, opinión, mercar-vender-trocar, publicacións, axenda, XAG TV e o propio FICCVelo.

O FICCVelo é un ambicioso proxecto dos colectivos Arraianos e Lareira Pop, que nacía o ano pasado en Cartelle (Ourense), localidade natal de Carlos Velo, cun festival de curtametraxes documentais e de ficción, centradas en diferentes aspectos da realidade rural dos pobos do mundo. Ademáis de contribiur a investigar e divulgar a figura de Carlos Velo, o FICCVelo colabora con outros festivais nacionais e internacionais relacionados coa problemática do mundo rural. 

FICCVelo: Aser Álvarez e Inés Vázquez, directores do festival. 608 807 895 – 616 731 933

Xornal Agrario Galego: Francisco Macías e Fernando César. 660 397 064 – 674 485 614


Imagen
De esquerda á dereita, Aki Kaurismäki, Aser Álvarez e a muller de Aki
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Archives

    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Julio 2017
    Marzo 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Junio 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Enero 2015
    Junio 2014
    Mayo 2014
    Abril 2014
    Marzo 2014
    Febrero 2014

    Categories

    Todos

    Fuente RSS

Con tecnología de
✕