Cun cheo total, a pesar do intenso frío, a Sesión Inaugural do CineClube Carlos Velo en Madrid resultou todo un éxito.
As butacas da Sala Nueve Norte enchéronse para ver as curtametraxes gañadoras da I Edición do FICCVelo, celebrada no pasado mes de xuño. Os directores das curtas gañadoras compartiron cos asistentes as suas experiencias de rodaxe, responderon as preguntas do público e brindaron con todos nos pola longa vida dunha actividade que nace con espíritu de continuidade.
As Bodegas Señorío de Val Azul colaboraron xenerosamente neste evento aportando un excelente viño tinto DO. Vinos de Madrid, que foi o colofón perfecto para unha noite de intenso frío..