V FICRURAL
  • INICIO
    • Contacto
  • O FESTIVAL / EL FESTIVAL
    • BASES DE PARTICIPACIÓN V FICCVelo
  • OUTRAS EDICIONS
    • IV EDICIÓN FICRURAL >
      • FINALISTAS IV EDICIÓN FICRURAL
    • III EDICIÓN FICCVELO >
      • FINALISTAS III EDICIÓN
    • II EDICIÓN FICCVELO >
      • GAÑADORES II EDICIÓN
    • I EDICIÓN FICCVELO >
      • FINALISTAS I FICCVelo
  • NOVAS/NOTICIAS
  • CARLOS VELO

NOVAS
NOTICIAS

V Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo

SESIÓN INAUGURAL CINE CLUBE CARLOS VELO EN MADRID

1/15/2015

0 Comentarios

 
Picture
Co obxectivo de servir como canle de difusión para os traballos presentados no Festival Internacional de Cine Carlos Velo,  vencellado coa temática do medio rural e coa recuperación da memoria histórica e inmaterial dos pobos, a dirección do Festival ten decidido crear unha nova ferramenta para acadar estes obxectivos: o Cine Clube Carlos Velo, un foro cinematográfico multidisciplinar de carácter itinerante que permitirá darlle visibilidade a todos os proxectos audiovisuais participantes. 

Os responsables do FICCVelo, Aser Álvarez e Inés Vázquez, explican que o Cine Clube comezará a súa andaina en Madrid, o vindeiro 4 de febreiro na Sala NueveNorte, na que se exhibirán os dous traballos ganadores da primeira edición do Festival Internacional, “Hijos de la Tierra”, codirixido por Axel O'Mill e Patxi Uriz, na categoría documental,  e “Porsiemprejamón”, de Ruth Díaz, que acadou a victoria na categoría ficción.

Para este primer encontro do Cine Club Carlos Velo contaremos, ademais, coa presencia dos directores de ambas as dúas curtametraxes gañadoras, o que nos permitirá celebrar un coloquio e compartir experiencias da rodaxe trala proxección, facendo así desta primeira sesión do Cine Clube unha sesión que propicie  o diálogo co público asistente.


O Cine Club Carlos Velo  está chamado a constituirse nun punto de encontro para os profesionais do sector audiovisual, xerando un espazo de debate e reflexión sobre as curtametraxes, o audiovisual do ámbito rural e da memoria dos pobos, xerando debate  constructivo entre creadores e espectadores, a través dun formato accesible, cercano e familiar. 


Este foro nace así cunha vocación de continuidade, que permita darlle difusión de  curtametraxes ofrecendo sesións nas que se proxectarán traballos audiovisuais e se propiciará o encontro cos seus creadores, sen esquecer a reivindicación da figura do cineasta e documentalista galego Carlos Velo, exiliado en México trala  Guerra Civil, onde desenvolveu unha intensa  e recoñecida carreira como director, guionista e realizador, figura que deu orixe ao festival internacional, e que agora atopa continuidade no tempo grazas a creación do seu Cine Clube. 

SESIÓN INAUGURAL CINECLUBE CARLOS VELO
SALA NUEVE NORTE
C/NORTE, 9. MADRID (NOVICIADO)
4 DE FEBREIRO  19 HORAS
COSTE DA ENTRADA: 5 EUROS (con consumición)
Compre reservar. Pago na taquilla.

RESERVAR ENTRADA
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Archives

    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Julio 2017
    Marzo 2017
    Diciembre 2016
    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Junio 2015
    Marzo 2015
    Febrero 2015
    Enero 2015
    Junio 2014
    Mayo 2014
    Abril 2014
    Marzo 2014
    Febrero 2014

    Categories

    Todos

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.